Pàgines

Presentación de Antón Pérez


Ola! Son Antón Pérez Montero, da Coruña. Nacín en Cariño, pero levo vivindo 14 anos nesta cidade. As miñas aficcións son andar en bici, a informática e a tecnoloxía, os videoxogos, o cine e as series.
Cando podo, gústame percorrer A Coruña en bicicleta para descubrir sitios que non coñecía e pasar o rato de vez en cando en FNAC para ver as últimas novidades de computadores, xogos, móviles, etc.

En canto ao cine, o meu xénero favorito é a ciencia ficción, no cal podo destacar películas como
Regreso al Futuro, Idiocracia, El Quinto Elemento, Contact, Encuentros en la Tercera Fase, Wall·E, Hijos de los Hombres, Independence Day, Waterworld e Gattaca, entre outras.

A parte que máis me gusta de facer cine é a dirección, a montaxe e os efectos especiais.




Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada