
Podería dicir moitas cousas de mín mesma... Podería dicir que me encanta a literatura, a música (rock, punk), a fotografía, viaxar, a arte... que as miñas paixóns son o cine e o teatro, e que creo ferventemente no xornalismo. E posiblemente quedaríame algo por dicir.
Respecto do cine, teño que confesar que a miña familia influíu moito na miña condición de cinéfila: a miña casa rebosa de películas de Charles Chaplin, Billy Wilder, Stanley Kubrick, Clint Eastwood… Gústanme, en xeral, todos os xéneros. Desde o thriller, animación, cine negro, ciencia ficción, drama, películas sociais, ata románticas. Considero demasiado complicada a tarefa de facer unha lista de películas, así que nomearei algunhas das moitísimas que admiro. Por exemplo: American History X, O Labirinto do Fauno, O Señor dos Aneis, Star Wars, Salvador (Puig Antich), Blade Runner, O secreto dos seus Ollos, 2046, Desexando amar, Infiltrados, Carretera Perdida, Cinema Paradiso, Mulholland Drive, Tesis, Good Bye Lenin, Amèlie, Déixame entrar, A gata sobre o Tellado de cinc, Drácula, De aquí a eternidade, Matar a un ruiseñor, O terceiro home, Un tranvía chamado desexo, Casablanca, A laranxa mecánica, as de Woody Allen, Tim Burton... Con respecto a directores e actores, tamén habería unha longa lista, pero creo que deixarei estas para futuras conversacións sobre cine.

Gústame especialmente Tim Burton por películas coma Batman, Ed Wood, Mars Attacks! ou Big Fish e gústanme moitos actores, pero entre os máis admirados atópanse Viggo Mortensen, Alan Rickman, Robert De Niro ou Ewan McGregor. Tampouco podería escoller un xénero favorito ou odiado, xa que aínda que xeralmente ninguén consegue meterme nun cine a ver unha película de terror (non quero pagar unha entrada para ao final non ver a película, que sempre teño que pechar os ollos ou tapar a pantalla co abrigo), pero si que existen películas de terror que me gustan (Pesadilla en Elm Street, Drácula, La semilla del diablo...).
E... si, estas somos nós:
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada