Pàgines

O instituto Fernando Wirtz Suárez

O Instituto, de aproximadamente 80 anos de antigüidade, está relativamente céntrico, cerca da Praza de Catro Camiños, e nas súas proximidades está a Estación de Autobuses e a Estación de Ferrocarril. O problema do Centro é que está á beira da Avenida de entrada á Coruña, polo que o ruído do tráfico impide abrir as xanelas, incluso cando aperta o calor.

Na Praza de Catro Camiños é onde os afeccionados ao Deportivo celebramos a obtención das múltiples Ligas de Fútbol, Copas do Rei,…

Tamén hai algunhas zonas verdes e infantís, que antes eran usadas polo alumnado nos recreos para ir fumar, pero agora, como é moi respectuoso coa lei antitabaco, xa non as frecuentan.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada