Presentación de Sabela Rey Cao

Boas. Chámome Sabela Rey Cao e teño 16 anos. Nacín na Coruña, e desde hai uns anos Coruña gústame máis por albergar o CGAI (a Filmoteca), ao que asisto asiduamente. Son unha completa cinéfila e tamén dedico parte do meu tempo a ler ou escoitar música (principalmente rock, jazz ou clásica).

Supoño que me toca citar os meus gustos no referente ao cinema, intentarei resumilo ben. Nunca me plantexei se sentía predilección por un xénero, aparte, penso que hoxe en día os xéneros están bastante "diluídos". En canto a actores, citarei só uns poucos que me gustan: Paul Newman, Cary Grant, Daniel Brühl, Bette Davis, Marion Cotillard, Mathieu Amalric e Laurence Olivier. En cineastas podería mencionar a Godard, Truffaut, Chaplin, Lumet, Mankiewicz...

Procurarei que a lista de películas sexa concisa, gústanme moito O gran Ditador, O Apartamento, O terceiro Home, Ser ou non ser, Arsénico por Compasión, A pegada, Star Wars (as vellas), Annie Hall, O Señor dos Aneis, Reservoir Dogs, O Pianista, Sen alento (Ao final da escapada), Os catrocentos golpes, A miña noite con Maud, Hiroshima, mon amour, A infancia desnuda, Un condeado a morte escapou, Good bye, Lenin!, Cidade de vida e morte, A rúa da vergonza, Vaite e vive...

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada