Pàgines

Presentación de Sabela Rodríguez e Marta Barandela

Aquí Sabela e Marta, facendo unha presentación conxunta. Ambas nacidas na Coruña, ambas en febreiro (cunha semana e un ano de diferenza) e ambas no seo da mesma familia: somos curmás.


-Eu, Sabela, son a maior das dúas. Nacín o tres de febreiro de 1993.

Podería dicir moitas cousas de mín mesma... Podería dicir que me encanta a literatura, a música (rock, punk), a fotografía, viaxar, a arte... que as miñas paixóns son o cine e o teatro, e que creo ferventemente no xornalismo. E posiblemente quedaríame algo por dicir.



 Respecto do cine, teño que confesar que a miña familia influíu moito na miña condición de cinéfila: a miña casa rebosa de películas de Charles Chaplin, Billy Wilder, Stanley Kubrick, Clint Eastwood… Gústanme, en xeral, todos os xéneros. Desde o thriller, animación, cine negro, ciencia ficción, drama, películas sociais, ata románticas. Considero demasiado complicada a tarefa de facer unha lista de películas, así que nomearei algunhas das moitísimas que admiro. Por exemplo: American History X, O Labirinto do Fauno, O Señor dos Aneis, Star Wars, Salvador (Puig Antich), Blade Runner, O secreto dos seus Ollos, 2046, Desexando amar, Infiltrados, Carretera Perdida, Cinema Paradiso, Mulholland Drive, Tesis, Good Bye Lenin, Amèlie, Déixame entrar, A gata sobre o Tellado de cinc, Drácula, De aquí a eternidade, Matar a un ruiseñor, O terceiro home, Un tranvía chamado desexo, Casablanca, A laranxa mecánica, as de Woody Allen, Tim Burton... Con respecto a directores e actores, tamén habería unha longa lista, pero creo que deixarei estas para futuras conversacións sobre cine.


-A mín, Marta, igual que a Sabela (cousas de familia) encántame o xornalismo, o teatro, a literatura e o cine. As aficións ás que adico máis tempo son probablemente a escribir e a debuxar (normalmente calquera papel que pase polas miñas mans sempre remata con algún garabato ou tontería debuxada por min). As miñas películas favoritas son O Señor dos Aneis, Dentro do Labirinto, A princesa prometida, Star Wars, Blade Runner, Promesas do Este, Gran Torino, Indiana Jones (a última non entra dentro... Spielberg, que está pasando contigo?), Regreso ao futuro, Casablanca, Con faldas e ao loco, Good Bye Lenin, Malditos bastardos...


Gústame especialmente Tim Burton por películas coma Batman, Ed Wood, Mars Attacks! ou Big Fish e gústanme moitos actores, pero entre os máis admirados atópanse Viggo Mortensen, Alan Rickman, Robert De Niro ou Ewan McGregor. Tampouco podería escoller un xénero favorito ou odiado, xa que aínda que xeralmente ninguén consegue meterme nun cine a ver unha película de terror (non quero pagar unha entrada para ao final non ver a película, que sempre teño que pechar os ollos ou tapar a pantalla co abrigo), pero si que existen películas de terror que me gustan (Pesadilla en Elm Street, Drácula, La semilla del diablo...).

E... si, estas somos nós:

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada